A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visita de novo o municipio de Silleda o vindeiro mes de febreiro
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará de novo o municipio de Silleda durante as vindeiras semanas . Estará ubicada durante varias xornadas en diferentes puntos.
A primeira ubicación será na parroquia de Laro, no campo da festa do 20 ao e 24 de febreiro. Despois visitará Lamela, onde se ubicará no centro social e se dividirá dous prazos : do 25 ao 27 de febreiro e do 3 ao 4 de marzo.
O horario habitual de atención será de 9:00h ás 13:30 horas e de 15:15h ata as 18:00 horas. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde tódolos días, agás os días 21, 27 de febreiro e 4 de marzo que será só de mañá.
A parroquia de Graba e o Aparcadoiro do Polígono Área 33 serán as seguintes paradas deste servizo. En Graba estarán do 5 ao 10 de marzo, no campo da festa, e no Polígono Área 33 permanecerá dende o 11 ao 17 de marzo ao carón de NUDESA.
O horario habitual de atención será de 9:00h ás 13:30 horas e de 15:15h ata as 18:00 horas. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde tódolos días, agás os días 7 e 14 de marzo que será só de mañá.
Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 981 92 80 80, ou a través da páxina web www.sycitv.com. Dende o Concello de Silleda procederase tamén á colocación de bandos informativos detallando os lugares e horarios.