A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará o municipio de Silleda nos vindeiros días

Silleda, 28 de xaneiro de 2020. A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará o municipio de Silleda durante as vindeiras semanas. Estará ubicada durante varias xornadas en diferentes puntos.

A primeira ubicación será na parroquia de Laro, no campo da festa os vindeiros martes e mércores (4 e 5 de febreiro).

Despois visitará A Bandeira, onde se ubicará na rúa Esmorga dende o 6 ao 10 de febreiro; Escuadro (xunto ao cemiterio) do 11 ao 13 de febreiro; e Silleda (detrás do ambulatorio) do 14 ao 18 de febreiro.

O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas  e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás os días  5,7, 13 e 14 de febreiro, con horario  só de mañá.

Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309000, ou a través da páxina web www.sycitv.com. Dende o Concello de Silleda colocáronse bandos informativos detallando os lugares e horarios.