A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia visita Silleda o vindeiro xoves día 28

-Estará situada na avenida do Parque, fronte á parada dos taxis durante toda a xornada

Silleda, 18 de abril de  2016. A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar Silleda este mes. A cita será o vindeiro xoves día 28 na capital municipal, onde quedará instalada no lugar de costume: na avenida do Parque, fronte á parada de taxis. Nesta xornada as persoas que queiran realizar doazóns poden acudir en horario de 10.00 a 14.00 e tamén pola tarde, de 16.00 a 21.00 horas.

O Concello de Silleda e o Centro de Centro de Transfusión de Sangue de Galicia amosan o seu agradecemento a todas as persoas que participan nestas campañas, xa que o xesto solidario das doazóns contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes.