A unidade móbil para a inspección obrigatoria dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios recala en Bandeira e Silleda o vindeiro xoves 28

Silleda, 22 de xullo de 2016. A unidade móbil para a inspección obrigatoria dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios remata a rolda de inspeccións polo municipio coa visita a Bandeira e Silleda o vindeiro xoves, día 28 de xullo.

Logo de percorrer varias parroquias do concello as inspeccións terán lugar na Rúa Esmorga de A Bandeira o día 28 pola mañá, e esa mesma tarde en Silleda na Rúa I, (por detrás do ambulatorio). Para acudir a pasar a revisión haberá que solicitar cita previa nos teléfonos 986.585.726, (Ausama), 986.580.084, (Mecánica de Campo), e 986.585.574, (Hermanos Villar), ata o mércores 27.

Todas as máquinas de fitosanitarios de máis de 100 litros de capacidade e máis de 5 anos de antigüidade están obrigadas a inscribirse no R.O.M.A., (Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola), e realizar a inspección ITEAF antes do 26 de novembro do presente ano.

Dende a empresa autorizada para a realización de estas inspeccións comunican as condicións necesarias que deben cumprir as máquinas para superar este trámite, así coma os requisitos que se esixirán a tal efecto.

Así, é obrigatorio a alta da máquina no R.O.M.A., (para o que se deberá presentar a cartilla o día da inspección), que o número de bastidor estea en lugar visible, a limpeza interior e exterior da máquina e que esta non presente fugas, levar o depósito a 2/3 ou cheo de auga limpa con compensador de presión e volume visible. Revisarase tamén a protección do árbore de transmisión e a toma de forza, (con cadea antixiro), que a máquina teña un manómetro axeitado, as boquillas limpas e iguais, con unha pulverización homoxénea e sen goteiras, e que presenten os filtros obrigatorios, (na toma de auga, antes da bomba e despois da mesma).

Pódese obter máis información na páxina web www.nagarservicios.com/iteaf, ou chamando ao teléfono 981.792.519