Aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2025 : ocio educativo durante as vacacións escolares

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Igualdade, abre o prazo de inscricións para o Campamento de Verán 2025 do Servizo Lúdico Educativo, unha iniciativa destinada a facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares.

📅 Datas do campamento: Do 23 de xuño ao 5 de setembro
🕘 Horario: De luns a venres, de 9:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h
🏫 Localización: CEIP Plurilingüe de Silleda e CEIP Ramón de Valenzuela (A Bandeira)

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos (etapa de Infantil e Primaria) empadroados no Concello de Silleda. As prazas para menores non empadroados só se admitirán se hai vacantes dispoñibles e sen opción aos descontos nas taxas, segundo a normativa municipal.

📌 Inscricións abertas do 8 ao 23 de maio de 2025, a través do rexistro municipal (presencial ou mediante sede electrónica na web do Concello de Silleda).

Adxuntamos toda a documentación necesaria para a inscripcións dos cativos e cativas:

INSCRICIÓN CAMPAMENTO DE VERÁN 2025

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA A INSCRICIÓN NO CAMPAMENTO

DECLARACIÓN SITUACIÓN LABORAL

AUTORIZACIÓN DE DOMICILIACIÓN DE RECIBOS

Para calquera dúbida, contactar ao 986 59 20 37 ou achegarse ao Departamento de Benestar Social na Casa do Concello.