Ábrese o prazo de inscricións no campamento de verán do programa Concilia Silleda

O prazo de solicitudes abrirase mañá martes día e rematará o 26 de maio. Trátase dun servizo de conciliación familiar durante as vacacións de verán que vai dende o 22 de xuño ata o 8 de setembro, de luns a venres de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

Silleda. 11 de maio de 2026.- O Concello de Silleda, a través da concellería de Igualdade, volve organizar para este verán o campamento do Servizo Concilia Silleda,  co obxectivo de facilitar a conciliación familiar. O campamento terá lugar do 22 de xuño ao 8 de setembro, coincidindo coas vacacións escolares. O horario do servizo será de luns a venres de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h. Coma outros anos, o campamento de verán realizarase nas instalacións do CEIP Plurilingüe de Silleda e no CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira. O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro martes 26.

Poden participar todos os nenos e nenas de 3 a 16 anos empadronados no Concello de Silleda.

As persoas que queiran inscribir aos seus fillos e fillas no campamento deberano facer a través do rexistro municipal, de xeito presencial ou telemáticamente. A documentación que hai que presentar atópase dispoñible xa na web do Concello. Esta iniciativa conta co apoio financieiro da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade e do Ministerio de Igualdad, co Plan Corresponsables.