Adxudicadas as obras de urbanización en Chousa Nova e o plan de mellora de camiños no municipio de Silleda

Silleda,  15 de marzo de  2019.  A Xunta de Goberno Local de Silleda vén de aprobar a adxudicación definitiva de dous proxectos, o de Mellora de Camiños Municipais 2019, dentro do Plan Concellos, e os traballos de Mellora da Mobilidade e Seguridade Vial no Entorno do Centro de Saúde e Centro Social de Silleda, no marco de Depo Remse.

O goberno municipal ratificou a proposta da mesa de contratación, que celebrou varias sesións nos últimos días. Así, procedeuse a adxudicar a Mellora de Camiños Municipais á empresa Construcciones Rafer S.L. , por importe de 425.744,55 euros. A este proceso presentáronse 4 ofertas.

A outra adxudicación é da urbanización e mellora da rúa Chousa Nova, onde se ubican o Centro de Saúde e Centro Social de Silleda, unha actuación que se acomete con cargo ao programa Depo Remse. Neste caso a empresa adxudicataria foi Taboada y Ramos, por un importe de 441.547,98 euros. Neste concurso aberto participaron un total de 7 empresas.

As obras comezarán nos vindeiros días e as actas da mesa de contratación poden consultarse no perfil do contratante (tanto da web muncipal como na sede electrónica).