O Concello de Silleda pon en marcha unha campaña especial con motivo do Día das Letras Galegas 2025, dedicada este ano ás cantareiras, figuras clave da nosa tradición musical.
🎁 Se tes entre 12 e 30 anos, podes recoller de balde unha camisola e unha chapa conmemorativa deseñadas especialmente para esta ocasión.
📍 A entrega faise na Casa da Xuventude (Rúa Trasdeza, 90) e estará dispoñible ata esgotar existencias.
Con esta iniciativa, o Concello quere achegar a celebración da lingua galega á mocidade, ao tempo que se honra a contribución das cantareiras á cultura popular.