Aida López Cernadas expón os seus óleos na Casa da Cultura do 2 ao 15 de novembro

Silleda, 29 de outubro de 2013. A Casa da Cultura de Silleda acolle dende o vindeiro sábado día 2 e ata o 15 de  novembro unha mostra coas obras de Aída López Cernadas. Nada en Sama de Langreo (Asturias), en 1970, afincouse dende moi nova na Coruña. Pintora afeccionada, comezou a expoñer animada pola súa familia, e leva xa varios anos amosando temas que entrañan nostalxia, combinada con romanticismo.

As obras, en óleo sobre lenzo, amosan tamén as olladas de nenos, “olladas de esperanza para atopar un mundo mellor”, sinala a autora.

A exposición vaise inaugurar o vindeiro sábado, día 2 ás 18.30 horas, e poderá visitarse no horario habitual da Casa da Cultura ata o día 15.

Dende a Concellería de Cultura de Silleda Margarita Campos anima ao público a achegarse a coñecer a obra desta autora  e a súa mirada nostálxica.