Arranxo do teito do auditorio do centro social da parroquia de Cira

Silleda, 9 de abril de 2015. O Concello de Silleda continua realizando obras de mellora nos centros sociais do rural. Así, nos últimos días quedou rematada unha nova actuación no local da parroquia de Cira. Neste caso substituise todo o falso teito do espazo correspondente ao auditorio, reforzando toda a estrutura.

As obras consistiron na retirada do falso teito orixinario e a súa substitución por outro novo, con planchas de corcho. Dende o goberno local, o alcalde Manuel Cuiña, lémbrase que o teito estaba moi deteriorado, con planchas descolgadas e problemas de humidade, entre outros. Con esta actuación mellorase pois o auditorio de Cira, o local que usan principalmente os veciños para as reunións e celebracións de distintas actividades.