As pistas de pádel de O Castro, pechadas ao público polos danos do temporal

Silleda, 28 de marzo de 2024. As pistas municipais de pádel de O Castro están pechadas ao público logo dos danos causados na tarde do pasado mércores polo paso da fronte «Nelson». Unha forte racha de vento levantou varias chapas da cuberta deixando impracticables as instalacións. Dende o Concello infórmase que as reservas quedarán anuladas ata o arranxo das instalacións que procurarán realizarse no menor prazo de tempo posible.