Cancelan a VII Cea da Xuventude de Graba prevista para este

Silleda, 4 de maio de 2016.  Membros da Asociación Cultural Coto do Castelo de Graba, organizadores da Cea da Xuventude que viña tendo lugar anualmente, e que estaba prevista para este venres, día 6, veñen de comunicar a anulación da mesma, por motivos alleos á organización.

No obstante, están a barallar a posibilidade de trasladala ao 14 de agosto, véspera das festas da parroquia, e onde se ten previsto organizar unha Festa da Xuventude que contaría con esta cea como colofón.