Charla sobre medicina en Escuadro

Silleda, 18 de abril de 2016.  A Asociación de Mulleres Rurais “Fervenza do Castelo” de Escuadro ven de programar unha charla informativa para este martes pola tarde.

Co título “Ayúrveda, a medicina de sempre para o futuro”, e impartido por Enrique Banet, presidente da Fundación Galicia Verde, e tamén experto na divulgación desta medicina milenaria, este coloquio celebrarase mañá martes, ás 19.30 horas na casa escola de Escuadro, e terá por obxectivo a autoxestión da saúde.

A entrada é libre e gratuíta e para máis información pódense poñer en contacto coa presidenta da asociación, Patricia Barreiro no teléfono 665 996 894.