Charla sobre o aforro de enerxía no fogar en Silleda

– O CIM de Silleda promove esta actividade, enmarcada dentro dos seminarios de economía doméstica, co fin de mellorar a calidade de vida das mulleres, en especial de aquelas que se atopan en situación de vulnerabilidade

Silleda, 31 de maio de 2016.  O Centro de Información ás Mulleres de Silleda ven de programar a segunda sesión dentro dos Seminarios de Economía Doméstica, co fin de ensinar a economizar e priorizar gastos nos núcleos familiares en tempos de crise.

Esta charla, denominada “Aforro de enerxía no fogar”, estará impartida por Iago Paz López, Enxeñeiro Técnico en Electricidade, e terá lugar o vindeiro xoves 9 de xuño, ás 16:30 horas, na Casa de Cultura de Silleda.

O prazo de inscrición para acudir a este seminario xa estará aberto entre o mércores 1 e 8 de xuño, e poderase facer nas instalacións do CIM, (Rúa Chousa Nova, 67), ou no teléfono 986.592.037.

Proximamente se programarán as restantes catro sesións destes seminarios, que tratarán os seguintes temas:  Aforro de enerxía no fogar

·        Aforro de auga no fogar

·        Mobilidade sostible dende o fogar

·        Consumo doméstico: recomendacións para aforrar na cesta da compra

·        Recomendacións para aforrar na limpeza do fogar