Comeza o curso de prevención no sector da construción con 25 inscritos

Silleda, 18 de outubro de 2013. O curso de prevención específico sobre colocación de materiais de cubrición, no que participarán un total de 25 persoas comezou hoxe na Casa da Cultura de Silleda. Tratase dunha iniciativa organizada dende as Concellerías de Industria e de Emprego do Concello de Silleda, que dirixen respectivamente   Luis Rodríguez e Pilar Peón, en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (Apecpo) un curso de prevención específico sobre Colocación de Materiais de Cubrición.

Este curso, gratuito e de 20 horas de duración, está dirixido a persoas relacionadas co sector da construcción e celebrarase durante dúas fins de semana  na Casa da Cultura de Silleda.  As clases continuarán o sábado 19 e os días 25 e 26.

Con este ciclo continúase a colaboración iniciada o pasado ano por parte do Concello de Silleda coa Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (Apecpo), coa celebración de distintos ciclos para a formación de personal.  Dende o goberno local, Pilar Peón, sinala que este tipo de iniciativas non só beneficia a a empregados e responsables de empresas do sector, senon tamén a outras persoas que estando en situación de desemprego queiran aumentar a súa formación. Os concelleiros deron a benvida aos participantes xunto co presidente da Apecpo, o silledense José Luis Campos.