Comeza o petitorio para as Festas de Verán de Silleda

Silleda, 14 de xuño de 2019.  Os veciños e veciñas de Silleda xa dispoñen dunha conta bancaria en Abanca para facer as súas aportacións ás Festas de Verán de Silleda, que se celebrarán do 11 ao 14 de xullo próximos.

As persoas que o desexen tamén poden facer as súas aportacións  no Estanco Edicta de Silleda. A partir da vindeira semana realizarase un petitorio nos comercios e empresas. O número de conta para realizar os ingresos é o ES14 2080 5443333040122279.

A día de hoxe o programa está prácticamente pechado e darase a coñecer nos vindeiros días. Dende o Concello, a Asociación Cultural O Lacón e a Banda de Música Municipal de Silleda faise un chamamento á colaboración da veciñanza, e sobre todo á participación nos festexos, nun ano execpcional no que a falta de comisión organizadora  as dúas entidades colaboración co Concello na organización.

A programación, que comezará xa o xoves día 11 pola noite, contará con actividades para todos os públicos, con música, actividades lúdicas, ou gastronómicas, coa Festa do Lacón como referente.