Comezan as obras de mellora do acceso a Silleda por Vilanova

Silleda, 5 de marzo de 2015. Hoxe iniciouse en Silleda unha das obras máis agardadas no ámbito da mellora de  e infraestruturas urbanas: o arranxo do acceso ao casco urbano por (Margaride), que conecta a estrada nacional N-525 coa rúa da Estación. Trátase de unha das actuacións máis ambiciosas desta lexislatura con unha inversión que supera os 100.000 euros.

A empresa adxudicataria, Endenor, iniciou hoxe os traballos co barrido e limpeza do viario e co selado das fendas existentes para asegurar a integridade e impermeabilidade do firme.

O progresivo aumento do tráfico neste vial , _que tamén da acceso ao lugar de Vilanova, ao recinto feiral Semana Verde, instalacións coma o tanatorio, e á estrada provincial que vai á parroquia de O Castro, entre outras, – fixo que o vial acuse a día de hoxe un notable deterioro do firme.

“Con esta inversión, dende o Concello apostamos por mellorar un dos accesos principais ao casco urbano silledense, que funciona a modo de circunvalación e que é moi utilizado”, explica o alcalde Manuel Cuiña.

Os traballo consistirán na rehabilitación do firme e complementarase coa dotación dunha senda peonil na marxe dereita da calzada (subindo dende a N-525 á altura de Nudesa, ata a rotonda da estrada da Estación). “A creación da senda peonil suporá un valor engadido para esta zona periurbana, ofrecendo un novo servizo aos cidadáns e mellorando tamén a estética do acceso, convertíndose nunha das fachadas da capital municipal”, sostén o alcalde. A senda incluirá tamén a dotación de luminarias en todo o tramo.

O custe total da actuación sitúase en 110.499,64 euros, IVE incluído. “Será unha das obras estrela que se promove este ano dende o Concello de Silleda”, engade Cuíña.

A senda peonil proxectada na marxe dereita, que comezará xunto ao tanatorio e rematará na rotonda, crearase coa dotación dun formigón de tinte beige sobre grava miuda.

Tamén se procederá á dotación de novas sinais de circulación tanto horizontais como verticais. Todo o tramo será dotado con luminarias.

Ata o de agora este vial foi bacheado de xeito puntual, polo que o alcade advirte “que é moi necesario  acometer unha reforma integral en condicións”.