Comezan os preparativos para a celebración da XXVIII Romaría do Rapaz

-A celebración desta festa única e singular terá lugar en Siador o vindeiro 26 de xuño

-Hoxe celebrouse a primeira das reunións preparatorias co persoal municipal que participa na organización do certame, coordinado pola Concellería de Cultura

Silleda, 06 de abril de 2016.  A Romaría do Rapaz volverá ao entorno da Saleta, en Siador, o vindeiro domingo 26 de xuño na súa vixésimo sétima edición. Esta festa para os máis cativos, que é xa un referente, comezou a deseñarse hoxe nunha reunión con técnicos e traballadores municipais.

Dende a Concellería de Cultura, que organiza o certame, continuarase apostando polos obradoiros creativos e outras actividades clásicas coma o desfile de modelos con traxes feitos polos nenos e nenas con material de refugallo. Nas vésperas da celebración presentarase publicamente o programa completo da xornada, que incluirá actuacións, música, e numerosas actividades.