Comezan os traballos topográficos para a mellora integral da estrada entre Piñeiro e Cira

Silleda, 20 de outubro de 2014. Técnicos da Deputación Provincial de Pontevedra visitaron hoxe  a estrada Piñeiro-Cira, onde se acometará a mellora integral deste vial.

Deste xeito, iniciánse xa os traballos do levantamento topográfico para acometer esta actuación, negociada directamente entre o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán.

Coa mellora integral desta estrada preténdese reforzar a seguridade neste tramo, moi transitado, e que une ao municipio de Silleda cos veciños concellos de Vila de Cruces e de Boqueixón.

Os técnicos estiveron acompañados hoxe polo tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural e Servizos, Klaus Brey, que indica que nas vindeiras semanas se continuará cos traballos previos para levar a cabo este proxecto. “Trátase de unha obra moi necesaria, xa que esta estrada rexistra ademais unha elevada densidade de tráfico e está situada nunha zona con numerosas curvas e zonas de pouca visibilidade, onde xa se teñen rexistrado numerosos accidentes e saídas de vía”, indica Brey, engadindo que “esta obra beneficiará a moitos veciños e veciñas”.

O tramo sobre o que se actuará ven a unir ademais dúas vías de titularidade provincial: a que vai dende Balboa a Ponteledesma e a que discorre pola parroquia de Piñeiro.

Trazado e nova capa de rodadura

Con esta ambiciosa actuación búscase mellorar o trazado, moi sinuoso en algún dos tramos, eliminando e atenuando curvas nalgúns puntos, entre outras actuacións. As obras completaránse coa dotación de unha nova capa de rodadura e a correspondente sinalización nesta estrada.

“Agardamos que a Diputación de Pontevedra, á que agradecemos o seu compromiso, poida ter listo o proxecto desta obra canto antes para que as obras non se demoren, xa que é moi importante actuar sobre esta vía para reforzar a seguridade e mellorar unha infraestrutura que da servizo a moitos veciños e veciñas, xa non só de Silleda senon de outros municipios limítrofes”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.