Continúan as negociacións con Espina & Delfín

Silleda, 25 de maio de 2016.  Esta mañá tivo lugar a segunda reunión con Espina & Delfín no Concello de Silleda, co fin da negociación da débeda que a concesionaria do subministro de auga lle reclama á entidade local.

Neste encontro, e logo de analizar o informe de secretaría que lles foi presentado en semanas anteriores, a empresa presentou a súa proposta, que será estudada nos vindeiros días, en prol de chegar a un acordo entre ambas partes o antes posible.

Dende o concello destácase o ben encamiñada que está a negociación e a boa dispoñibilidade por parte da concesionaria.