Contratación de un/unha monitor/a de socorrismo para as piscinas municipais

O  Concello de Silleda vén de abrir o proceso para a contratación temporal de un monitor/a de salvamento e socorrismo para atender as piscinas municipais. As persoas que reúnan os requisitos das bases, que poderán consultarse na web municipal, teñen 5 días a contar dende hoxe venres para presentarse ao proceso.
Esta contratación sumarase á de outros dous monitores tamén para este servizo, que se realizará a través da Oficina de Emprego, coa subvención outorgada pola Xunta para o fomento do empego e empregabilidade.