O Concello de Silleda recibe unha axuda de máis de 71.000 euros do Plan Concellos para mellorar o servizo de recollida e transporte de Residuos Sólidos Urbanos

Silleda, 20 de febreiro de 2019.   O Concello de Silleda continua a mellorar a xestión do servizo de recollida e transporte de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) a través da axuda do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O organismo provincial vén de confirmar a concesión dunha axuda por importe total de 71.127 euros, con cargo á Liña 2 do citado Plan Concellos. A través desta subvención confinanciarase a xestión do servizo. “O goberno vén apostando por mellorar os servizos á cidadanía e sen dúbida a recollida de residuos é un dos servizos básicos que dende as Administracións temos que seguir mellorando”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, que destaca a importancia do Plan Concellos “non só para materializar novas obras senon para cofinanciar xunto cas entidades locais servizos para a cidadanía”, engade.