Convocatoria e bases para praza de animador/a sociocultural como funcionario/a interino/a

-O proceso realízase para a substitución por baixa médica da persoa funcioaria titular do posto. O prazo para presentar solicitudes ao proceso de selección remata o 13 de outubro, unha vez publicada a convocatoria hoxe día 3 de outubro no BOP de Pontevedra

Silleda, 3 de outubro de 2023. O Concello de Silleda vén de iniciar o proceso para a selección dunha persoa como animador/a sociocultural como funcionaria interina, a fin de cubrir a baixa médica da persoa que ocupa o posto. O prazo para presentar solicitudes abrirase o mércores 4 de outubro toda vez que se publicou a convocatoria hoxe día 3 no  v Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra . Nas propias bases, que se poden consultar a continuación figura a documentación e anexos que deben de presentarse no Rexistro Municipal durante os dez días naturais contados a partir do día seguinte á publicación. O prazo de presentación de solicitudes remata o venres día 13.
O proceso de selección realizarase mediante o proceso de concurso-oposición. Poderán presentarse as persoas que conten ca titulación do Ciclo Superior Técnico en Animación sociocultural e turística. Diplomatura ou equivalente.