Aberta ata o 3 de maio a convocatoria para solicitar axudas a entidades culturais, deportivas e veciñais do Concello de Silleda

 

Silleda,  2 de abril de 2024.  O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra, publica hoxe a convocatoria das axudas do Concello de Silleda para actividades dirixidas a colectivos culturais, clubs deportivos e entidades veciñais e/ou de participación social.

O prazo das solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación, rematando pois o vindeiro día 3 de maio.

As entidades poden consultar as bases e os anexos de solicitude na web municipal. As solicitudes deben de presentarse obrigatoriamente por Sede Electrónica no Concello de Silleda.

Para calquera dúbida ou aclaración, as entidades poden dirixirse ao Concello de Silleda chamando ao 986 580000, ao departamento de Cultura e Deporte. A continuación recóllense as bases de cada unha das tres convocatorias así como o anexo de solicitude:

 

CONVOCATORIA PARA O OUTORGAMENTO DE SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES CULTURAIS, ANO 2024:

SUBVENCIÓNS A ACTIVIDADES CULTURAIS:

SUBVENCIÓN A ENTIDADES DEPORTIVAS:

ANEXOS SOLICITUDE SUBVENCIÓNS DEPORTIVAS 2024

SUBVENCIÓN A ENTIDADES VECIÑAIS E/OU DE PARTICIPACIÓN SOCIAL: