Silleda amplia a dotación de desfibriladores con dúas novas unidades subvencionadas pola Deputación de Pontevedra

Silleda,  18 de setembro de 2020-.  O Concello de Silleda vén de mellorar no ámbito da atención sociosanitaria ca incorporación de dous novos desfibriladores que chegan a través da liña de subención da Deputación de Pontevedra para que os municipios de menos de 20.000 habitantes poidan contar con este servizo. Así, as dúas novas unidades instalaranse nas dependencias do auditorio muncipal Manuel Dopazo da Bandeira e no Centro Social de Silleda. Trátase de dúas ubicacións polas que acostuma a pasar un gran número diario de persoas usuarias, polo que dende o goberno municipal se optou por instalar estes dispositivos nestas dependencias locais.

Do custe total das dúas unidades a Deputación aporta o 60% do custe (2.702,70 euros) e  o Concello de Silleda aporta 1.831,68 euros (o 40% restante). «Con esta dotación a veciñanza de Silleda estará mellor protexida», indica a concelleira de Sanidade, Ángela Troitiño.

Por outra banda, nos vindeiros días personal municipal desprazarase ata a sede da Deputación en Pontevedra para asistir a cursos de formación no uso e manexo destes dispositivos para a cardioprotección.