Cuiña e Cores Tourís visitan a nave municipal do polígono Área 33

Silleda, 15 de febreiro de 2017.  O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron esta mañá a nave municipal situada no Parque Empresarial Área 33 de Silleda.

Esta instalación ten como uso principal a xestión de residuos, sobre todo os que proceden da limpeza  vertedoiros incontrolados (aquí se procede a selección para o posterior tratamento) . Tamén se usa para gardar maquinaria e equipamento municipal que estaba anteriormente á intemperie.

A nave supuxo unha inversión de preto de 150.000 euros, financiada pola Xunta e o Concello.

Cuiña agradeceu a Cores Tourís e ao xefe territorial de Economía e Industria de Pontevedra, Ignacio Rial, a súa visita e avanzou que dende o Concello de Silleda se continuará optando á liña de axudas autonómicas para seguir mellorando o polígono.

O delegado da Xunta sinalou que a dotación desta nave vén a sumarse a outras inversións realizadas no Parque Empresarial de Silleda, caso da instalación das placas fotovoltáicas, a mellora da rede viaria ou a dotación dun sistema de videovixiancia. Tamén descatou que no polígono de Silleda se investiu case un 15% do orzamento destinado pola Xunta a actuacións en parques empresariais da provincia, cunha partida de preto de 900.000 euros.