MANIFESTO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL NO 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

No Día Internacional das Mulleres, 8 de marzo, o Concello de Silleda aposta firmemente pola defensa dos dereitos, a liberdade e a seguridade das mulleres, e nas políticas de igualdade como instrumento para mellorar, non só a vida das mulleres senón de toda a cidadanía. Únicamente poderemos restablecer a confianza nas institucións e reconstruír a solidariedade global, desafíando inxustizas históricas e promovendo os dereitos e a dignidade de todas e todos.

Este concello está comprometido co cambio social que impulsa o feminismo. Non poderá existir verdadeira transformación si non se conta de xeito esencial coas mulleres, coa súa participación e contribución. Non imos tolerar nin un só retroceso. Os dereitos das mulleres non se negocian.

Xuntas e xuntos, movilizarémonos para reivindicar un mundo onde todas as persoas teñan os mesmos dereitos e oportunidades; un mundo onde a igualdade de xénero sexa a norma.

Queremos unha sociedade na que as mulleres vivan libres de violencia, unha sociedade paritaria e participativa na que  as mulleres ocupen o lugar que lles corresponde por dereito e por capacidade, e sexan donas dos seus corpos, seus desexos e as súas decisións.

Queremos poñer  fin a fenda salarial de xénero e impulsar a acción feminista pola xustiza climática, coeducación e corresponsabilidade, pechar a fenda na educación e tecnoloxía dixital das nenas e liderado feminino.

Queremos mulleres na ciencia e desafíar os estereotipos de xénero que limitan as ambicións e os soños das nenas e atrapan aos nenos en masculinidades opresivas.

Fagamos desto unha realidade.

Esta Corporación fai un chamamento a toda a veciñanza, ás institucións e organización, para que xuntas e xuntos  avancemos cara unha sociedade máis xusta e igualitaria, na que ninguén se quede fora. No Día Internacional da Muller, comprometémonos  a facer todo o posible para superar os prexuizos arraigados, apoiar o compromiso e o activismo, e promover a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres. ESTE 8 DE MARZO ÚNETE A NÓS!