ECOS e o Concello de Silleda barallan a celebración dunha feira de oportunidades para o comercio

-Dende a Asociación teñen a intención de que esta feira teña un carácter anual

Silleda, 3 de xuño de 2016.  Alberto López Iglesias, presidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda mantivo unha reunión esta semana coa concelleira de comercio, Ana Luisa González, co fin de estudar a posibilidade de realizar unha feira de oportunidades do comercio local nos vindeiros meses.

Este mercadiño, que xa foi realizado pola Asociación en anos pasados, contribuiría á liquidación dos stocks de tempada dos establecementos, a prezos moi asequibles para os consumidores.

En vindeiros días seguirase avanzando nesta proposta que se baralla se poida realizar a finais do mes de agosto.