En marcha a construción de sendas con carril bici entre Silleda e O Castro

Silleda, 7 de novembro de 2016-.  Hoxe deron comezo as obras de construcción das sendas peonís que irán dende a rúa da estación (xunto á rotonda) ata o actual tramo de beirarrúas na localidade, na marxe dereita da estrada en dirección a Breixa.

O proxecto, que foi adxudicado xa o pasado mes de xullo á empresa Endenor, inclue ademais a construcción dun carril bici, que se proxecta dende o citado cruce ata as pistas deportivas de O Castro.

Esta obra, que suporá unha inversión de 150.000 euros, comprende un tramo da estrada autonómica PO-211 e outra da provincial EP 6502.

Esta dotación era unha das obras previstas no programa do goberno municipal, para reforzar a seguridade nesta zona, sobre todo tendo en conta o número de usuarios que se achegan ata as pistas deportivas, e para ampliar o circuito peonil nas aforas da vila de. A actuación foi solicitada xa o pasado ano dende o Concello á Xunta de Galicia, unha solicitude que se viu reforzada cun escrito veciñal acompañado de 68 firmas de veciños e usuarios que pedían esta dotación.

Na proposta do  goberno municipal tamén se inclue o carril bici para facilitar o acceso das persoas que se achegan en bicicleta ata as instalacións deportivas existentes.

Con esta actuación complétase tamén o  circuito peonil periurbano, que se mellorou o pasado ano coa nova dotación na estrada de Vilanova, ou o remate de aceras no tramo de Morón, entre outras actuacións.