Entregadas aos centros escolares as unidade didácticas sobre o Entroido do Ulla

Silleda, 6 de febreiro de 2015. A concelleira de Educación, Pili Peón, fixo hoxe entrega aos directores e representantes dos centros educativos da unidade didáctica sobre o tradicional Entroido da Ulla, realizada dende o grupo Xenerais da Ulla, do que forma parte Silleda.

Coa edición desta Unidade Didáctica para Educación Infantil e Primaria, búscase promover, consolidar e poñer en valor a tradicional celebración do Entroido dos Xenerais da Ulla, declarado Festa de Interese Turístico. “Con este recurso didáctico poderase traballar as súas particularidades; afondando na súa historia e transmisión a través de catro bloques temáticos: xeografía, personaxes, animais e tradición oral. Para iso cóntase cunha selección de propostas didácticas para realizar na aula ou no contorno familiar, estruturadas en catro cadernos didácticos para o alumnado de diferentes idades”, sinala a concelleira.

Este é o único traballo do seu xénero feito para ser aplicado nos colexios. De feito, xa foi remitida a información ao concellos de Galicia con entroidos declarados Festa de Interes Galego e aqueloutros colindantes cos que comparten esta tradición.