Entregados os premios do XV Concurso de Escaparates de Nadal

Silleda, 9 de xaneiro de 2014. Os premios do XV Concurso de Escaparates do Concello de Silleda entregáronse hoxe no Salón de Plenos do Concello nun acto presidido polo alcalde, Manuel Cuiña, e no que tamén participaron o concelleiro de Comercio, Luis Rodríguez, o presidente de ECOS, Alberto López, Katiuska Ramos, do Hotel Vía Argentum e a coordinadora do Ciclo de Comercio e Marketin do IES Colmeiro, Helena González.

Na edición deste ano o primeiro premio, outorgado polo Concello de  Silleda foi  para Óptica Silva. Está dotado con 200 euros e diploma e unha cea  para 2 persoas,  por  xentileza do Hotel Vía Argentum.

 O premio ao escaparate máis orixinal e innovador recaeu en Floristería Marbelis, e conta con 150 euros e diploma, (premio outorgado por Espina y Delfín, e un acceso para dúas persoas ao circuito termal do citado hotel de Silleda.

O premio ao escaparate máis comercial con exposición do produto, dotado con 100 euros en billetes de ECOS para mercar establecementos asociados, e unha merenda para 2 persoas en Vía Argentum é para Sistemas Integrales.

O xurado estivo presidido polo concelleiro de Comercio, Luis Rodríguez, e formado por alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Comercio e Márketin do IES Pintor Colmeiro, en concreto por Patricia Pampín Rodríguez, Carla Rodríguez Campos, María Núñez Rodríguez e Sergio Esperante Lugo, baixo a coordinación da profesora e responsable do ciclo María Helena González. Todos eles tamén recibirán cadanseu diplomaEn total participaron 58 establecementos (54 de Silleda e 4 da Bandeira) que decoraron con interese e espíritu comercial e navideño os seus escaparates.