Éxito da campaña de fomento do empadroamento, con 451 novas altas dende o seu inicio

Silleda,  20 de novembro de  2017.  O censo de habitantes de Silleda, segundo os datos  que manexa a Administración Local, sitúase  a día de hoxe en 9.178 habitantes, unha cifra que –á espera da revisión do INE de final de ano- “confirma o grande éxito da campaña de fomento de empadroamento, ao romperse a tendencia á baixa no padrón de habitantes dos últimos dez anos”, indica o alcalde Manuel Cuiña.

Así, segundo os datos municipais a poboación sitúase a día de hoxe en 9.178 habitantes. “O obxectivo de non perder poboación está máis que conseguido, tendo en conta os datos cos que contamos”.

“Non só o mantemos senon que aumentou”, indica o rexedor sobre o balance da campaña, que arrancou hai ano e medio.

En total dende xullo de 2016 ata hoxe rexistráronse no padrón municipal 451 novas altas (sen contar os nacementos).  A media de altas supera a vintena por mes dende entón, sendo o mes de mellores datos maio deste 2017., con 36 altas.

Tamén o pasado mes de outubro se rexistraron outras 35 nos 20 días que levamos de novembro son xa 27 as altas, o que indica que este mes continuará tamén coa tendencia a alza.

Esta campaña, baixo o título “Empadróate en Silleda, porque en Silleda somos máis”,  está dirixida sobre todo a concienciar e informar sobre a importancia de estar censado no lugar onde se reside habitualmente. Estimabase ao inicio da campaña que preto de 900 persoas residían en Silleda sen estar empadroados no municipio.

Os resultados son pois mois satisfactorios, mentres acampaña segue adiante con iniciativas coma o certame “Nas festas somos mais” que nesta segunda edición repartirá 3.000 euros en premios entre as comisións de festas que promocionen o municipio e fomenten o empadroamento. O prazo para participar no certame segue aberto ata do 2 de xaneiro.

A falta dos datos estatísticos do INE deste ano, na última revisión que fixo o organismo en  decembro de 2016 apuntabase xa ao éxito da campaña ao contabilizar só unha baixada de 30 habitantes respecto ao censo anterior, cando se perderan 200 habitantes.