Exposición pública do plan de ordenación de predios da restrucutración parcelaria de Oleiros

Silleda, 22 de agosto de 2019.  O proceso de restruturación parcelaria da parroquia de Oleiros continúa coa exposición pública do Plan de Ordenación de Predios de Especial Vocación Agraria. A Consellería de Medio Rural expón no seu sitio web e na Oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lalín (na Rúa Polideportivo, número 1), o Plan de Ordenación de predios de Especial Vocación Agraria da concentración parcelaria da parroquia silledense de Oleiros. Tamén se poderá consultar na web da Consellería.

As persoas propietarias e interesadas en xeral no proceso de reestruturación parcelaria da zona de Oleiros, que durante as datas que se indican vai estar exposto ao público, poderán presentar durante este prazo as propostas que consideren oportunas mediante escrito rexistrado nas oficinas da Xunta de Galicia ou por calquera dos medios establecidos legalmente. O prazao de exposición ao público abrirarse o vindeiro martes día 27 e continuará ata o 26 de setembro.

Igualmente, durante este período poderán solicitar a inscrición provisional en dito plan as explotacións agrarias, agrupacións de persoas titulares, iniciativas singulares e iniciativas de aproveitamento en común interesadas en integrarse en dito plan.

parcelaria oleiros