O Concello de Silleda quenta motores para o 50 aniversario da Festa da Empanada da Bandeira

Silleda, 20 de agosto de 2026.  A Bandeira prepárase para vivir esta fin de semana unha edición moi especial da súa tradicional Festa da Empanada, que este ano celebra o seu 50 aniversario. O Concello de Silleda quere poñer en valor esta efeméride, que conmemora cinco décadas dunha celebración que se converteu nun dos grandes sinais de identidade da localidade e nun referente gastronómico máis alá do ámbito municipal. A celebración, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, conmemora medio século de historia como un dos grandes referentes gastronómicos do municipio.

A Festa da Empanada da Bandeira conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional, sendo a única festa gastronómica do municipio que dispón deste recoñecemento. Unha distinción que pon de manifesto a relevancia dunha cita que, ao longo dos anos, soubo preservar e promover a tradición gastronómica, ao tempo que se consolidou como un importante punto de encontro para a veciñanza e para as persoas que cada ano se achegan ata A Bandeira.

 

Esta edición,   que arranca este xoves día 20 de agosto, terá polo tanto, un significado especial, ao celebrar medio século de historia arredor dun dos produtos máis emblemáticos da gastronomía galega. Cincuenta anos de tradición, participación e promoción dos sabores propios, grazas tamén ao traballo e á implicación das persoas que contribuíron a manter viva a festa xeración tras xeración.

Coa vista posta nesta celebración histórica, comeza a conta atrás para unha nova edición na que a gastronomía, a música e as actividades programadas volverán ser protagonistas.

Xa podedes coñecer a programación completa desta edición especial na que se recollen as diferentes propostas previstas para conmemorar este 50 aniversario.

O Concello de Silleda anima a veciñanza e ás persoas visitantes a sumarse a esta celebración tan significativa para A Bandeira e para o conxunto do municipio, que chega aos seus cincuenta anos reafirmando o seu papel como unha das grandes citas do calendario festivo e gastronómico local.  Medio século de historia, tradición e sabor para celebrar como merece a Festa da Empanada da Bandeira. Dende  o Concello e a Asociación Amigos da Empanada agradécese tamén o apoio institucional a este evento doutras Administracións. Así, a Xunta de Galicia, a través da sinatura entre a entidade local ,  a Axencia de  Turismo de Galicia  e Abanca aporta 30.000 euros á celebración, por tratarse de unha festa de Interese Turístico Nacional. Tamén a Deputación de Pontevedra aporta, igualmente vía convenio, outros 7.000 euros.