- A oferta inclúe patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, esgrima e atletismo e incorpora como novidades mini balonmán e para persoas adultas bailes de salón e actividade ReConecta, con exercicio para o benestar físico e emocional. As inscricións deben realizarse no pavillón César G. Fares ou a través do enlace nesta mesma entrada
Silleda, 1 de outubro de 2026. O Concello de Silleda mantén aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas para o vindeiro curso. As actividades están xa en marcha con novidades na oferta para o público adulto.
A proposta inclúe actividades xa consolidadas e tendo en conta os espazos dispoñibles. Así, neste curso ofertaránse clases de patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, esgrima e atletismo. Como novidade para a rapazada de Primaria incoporase o balonmán. O programa incorpora dúas novas modalidades para persoas adultas: bailes de salón , e a actividade ReConecta que combina exercicio de movemento e respiración para mellorar a condición física e xestión psicoemocional.
As inscricións deben realizarse no pavillón Cesar G. Fares de Silleda, ou ben cubrindo o formulario de inscrición dispoñible nestra entrada remitindo despois ao enderezo info@silleda.gal.
As actividades impartiránse no pavillón César G. Fares, no pavillón do IES e do CEIP Plurilíngue de Silleda (no caso de Atletismo), no Centro Social de Silleda e tamén no recinto Feira Internacional de Galicia (Esgrima).
Na escola de patinaxe, a idade límite de iniciación será para nenos e nenas nados en 2022, neste caso con prazas limitadas.
En atletismo, impartido por Atletismo Deza, poderán participar nenos nenas nados entre os anos 2021 e 2014.
X
Dende o Concello de Silleda agradécese a colaboración da Fundación Semana Verde, o IES Pintor Colmeiro, o CEIP de Silleda así como dos clubs que imparten as distintas modalidades deportivas nas escolas silledenses (Atletismo Deza, Compostela Esgrima , Obradoiro CAB e Balonmán Lalín). A continuación figura toda a información, horarios e prezos e o formulario de inscrición:
