Instalada unha nova carpa no campo da petanca da Bandeira

Silleda, 30 de xuñoo de 2014. Hoxe quedou reposta a carpa do campo da petanca da Bandeira, logo de que os temporais do inverno destruirán a anterior. Os fortes ventos derribaron toda a estrutura da instalación na madrugada do 24 de decembro do pasado ano.

Dende o departamento municipal de Deportes, que dirixe Klaus Brey,  asúmese o custe da instalación que ronda os 4.000 euros, á vista da gran afección por esta modalidade deportiva na Bandeira. O campo está instalado nun terreo cedido por unha familia da vila.