Instalado no Concello un punto de recollida de pantallas de protección facial donadas por Arlit

Silleda, 7 de abril de 2020.  O Concello de Silleda convértese dende hoxe en punto dispensador de pantallas faciais de protección contra o COVID -19 donadas pola firma local Arlit. As persoas que precisen utilizar este dispositivo poden recollelo na planta baixa do consistorio (oficina de Rexistro) no horario de apertura do mesmo (de 09:00 a 13:00 horas).

O alcalde, Manuel Cuiña, agradece este novo xesto por parte da empresa, que leva fabricados milleiros de pantallas como estas para sanitarios e outros servizos públicos. “Nunca poderemos estar o suficientemente agradecidos ás empresas de Silleda e aos veciños e veciñas que están arrimando o hombreiro nestes días duras de moitas formas, dando todo un exemplo de solidaridade”, engade o alcalde.

Á fabricación de pantallas de protección facial de Arlit e o proxecto silledense Ayuda3DEspaña (na que participan Novatech 3D, CS Diseño e Dhais ca axuda de moitos colaboradores) súmase a importante doazón de líquido desinfectante por parte da empresa Disiclín, a cesión da máquina atomizadora ca que se desinfecta a diario por parte de Hermanos Villar, á posta a disposición de guantes, fundas, calzas, gorros…por parte de establecementos locais.

Tamén nos últimos días varias persoas estás a confeccionar mascarillas, e distintas empresas puxeron a disposición do concello instalacións propias, vehículos… e mesmo algún veciño ofreceu vivendas tanto en Silleda como noutras localidades por se foran necesarias.

“A veciñanza de Silleda está a dar exemplo nesta crise sen precedentes”, indica o alcalde.

A xestión municipal continúa centrada na loita contra a propagación do virus, con tarefas de lavado e desinfección (tanto en espazos públicos e viarios, como puntos do rural, e nos exteriores das empresas que así o soliciten),  e a atención dende o departamento de Benestar Social.

Pago de facturas rexistradas dende o 20 de marzo

Noutra orden, o goberno municipal continúa traballando cos servizos de Intervención para rematar as bases de concesión de axudas a establecementos e autonómos. Outro dos frentes nos que tamén se traballa é o das axudas de emerxencia social, para o que se estudiarán as distintas solicitudes.

Así mesmo, tamén esta mesma semana tamén se procederá a abonar todas as facturas a proveedores rexistradas dende o 20 de marzo ata onte día 6. “Conscientes da situación que se creou ca declaración do estado de alarma, o día 20 de marzo procedeuse ao pago das facturas que estaban rexistradas ata esa data, e agora 15 días despois volvemos a facela tamén como medida para aportar liquidez ás empresas”, engade o rexedor