Mellora do acceso ao lugar de Barreiro, en Graba, co cambio dun poste do tendido eléctrico

Silleda, 10 de decembro de 2014.  A empresa Hidroeléctrica de Silleda acomete estes días os traballos para modificar a situación dun poste do  alumeado público municipal en Graba, no lugar de Barreiro.

Trátase dunha vella reivindicación veciñal para mellorar os accesos nesta localidade. “Dende o goberno municipal queremos agradecer a Hidroeléctrica de Silleda que trasladara o antigo poste sen custe algún para o Concello, dando resposta así a unha vella petición dos veciños da zona”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.

Neste lugar xa a principios de  2013 se ampliou o terreo grazas á cesión de dous propietarios, para facilitar o acceso de servizos coma a recollida de lixo, xa que ata as características do terreo impedían a chegada ata a zona de vehículos pesados.

“Agora co traslado do poste complétase a mellora dos accesos a este lugar de Graba, unha actuación moi necesaria que vén a completar o ensanchamento do terreo feito no ano 2013, grazas a que se pudo instalar un colector de lixo nesta zona.