Hoxe martes 11 de marzo de 2025, ás 20:00 horas, o Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira acollerá unha mesa redonda dedicada ao papel da muller no ensino. O evento, organizado en conmemoración do Día Internacional da Muller, contará coa participación de expertas do ámbito educativo que compartirán as súas experiencias e reflexións sobre os desafíos e avances no sector.
A iniciativa está organizada por Centro Cultural Vista Alegre e conta coa colaboración do Concello de Silleda. O obxectivo principal desta actividade é poñer en valor o labor das mulleres no ensino e promover o debate sobre a igualdade de oportunidades neste ámbito.