Nace a Escola de Familia de Silleda, para axudar a pais e nais coa educación dos seus fillos

 Silleda, 28 de abril de 2017.  Silleda contará cunha Escola de Familias, un proxecto que nace da demanda de pais e nais polos cambios na sociedade actual que afectan en gran medida á educación dos cativos. O alcalde Manuel Cuiña, e a concelleira de Educación Pilar Peón, presentaron esta iniciativa xunto con Kim Llobet, a presidenta de Acrofam  (Asociación para o Crecemento e Orientación Familiar) e o psicólogo, terapeuta e mediador familiar Carlos Vila, que se encargará de impartir as sesións en Silleda.

Pilar Peón indicou que a Escola de Familia era un proxecto que o goberno municipa de Silleda “tiña en mente dende hai tempo e que por fin botará a andar a vindeira semana”. Así a primeira das sesións será o vindeiro martes día 2 , ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Silleda. Todos aqueles aqueles pais e nais que teñan dúbidas ou que desexen consellos sobre cómo manexar situacións cos seus fillos poden participar nestas sesións, totalmente gratuitas, e que se celebrarán cada trimestre.

Carlos Vila explicou que as sesións (logo desta primeira o día 2 haberá outra en xuño) duran algo máis dunha hora e que se plantexan temas para que os pais poidan preguntar e informarse. “As Escolas de Familia nacen da necesidade e inquedanza dos pais e nais que se atopan problemas no día día que non son capaces de manexar”, sinalou  o psicólogo durante a presentación, referíndose a situacións como o uso de teléfonos móbiles, ordenador. “Trátase tamén de devolverles aos pais a idea de que o fan ban, porque os pais necesitan que alguen os reforcé”. Cuestións coma a disciplina, o establecemento de límites, cómo manexar castigos e sacarlle a súa carga negativa…. Son algunhas das cuestións que se tratarán na Escola de Familia de Silleda, para apoiar aos pais e asesoralos na difícil e apaixoante tarefa de educar aos fillos.

“Moitas veces pecamos de exceso de paternalismo e os fillos e fillas teñen que aprender a ser autónomos”, engade Vila.

Pola súa banda a presidenta de Acrofam, Kim Llobet, agradeceu ao Concello de Silleda que apostar por crear unha Escola de Familia. “A responsabilidade e coidado dos fillos é dos pais pero dende hai anos hai outros moitos axentes educadores. Os pais dedicamonos a cubrir todas as necesidades dos fillos, a que non lles falte de nada, pero olvidamonos de educalos en responsabilidade. A veces acabamos facendo cousas por eles e non lles estamos axudando”, engade.

Sesións gratuitas e participativas para pais e nais

As sesións, de entrada libre para pais e nais con fillos menores de calquera idade, servirán para que os pais e nais pregunten calquera dúbida ou pidan consello sobre situacións que lles coste manexar.

Dende o Concello, que se puxo en marcha con Acrofam a través da Anpa do CEIP de Silleda, faise un chamamento a todos os pais e pais para que asistan “a este espazo onde se poñerán en común as nosas inquedanzas na procura de solución”, engade Peón.