O alcalde presentou ao comité de empresa e aos sindicatos o borrador dos orzamentos 2015 no relativo ao Persoal

Silleda, 1 de decembro de 2015. O alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuiña, convocou para hoxe a Mesa de Persoal, a fin de presentar ao comité de empresa e aos sindicatos o borrador dos orzamentos de 2015, no relativo ao capítulo 1, correspondente ao Persoal. Esta previsto que os orzamentos se leven a Pleno a finais deste mes.

“Foi unha reunión moi satisfactoria para todas as partes”, indica o alcalde, sinalando que houbo un “acordo total” co comité.

Durante o encontró Cuiña explicou que “a  estabilidade orzamentaria cara á que vimos camiñando vaise plasmar, como xa se avanzou hai meses, nos orzamentos para 2015, e poderá confirmarse cando se aprobe, arredor de marzo a Conta Xeral do presente exercicio , e así podernos liberar das ataduras do Plan de Axuste ao que está sometido este Concello”, engade.

Así, estes orzamentos do vindeiro ano marcarán un punto de inflexión, para “sentarnos a negociar a partir do ano que ben  unha Relación de Postos de Traballo”, engade

Entre as propostas prometidas polo alcalde, sempre a partir de 2015, figuran a equiparación salarial ou a promoción interna para a funcionarización do personal. “Son compromisos que non están recollidos no orzamento que esperamos aprobar a final de mes, pero que se poderán materializar a partir de 2015”, engade.

Ademais de representantes do comité de empresa, coa CIG como sindicato maioritario e Comisións Obreiras, tamén acudiu un representante do CSIF.