O Centro de Maiores de Silleda pecha no mes de maio por reformas

Durante o vindeiro mes de maio, o Centro Social dos Maiores do Concello de Silleda permanecerá pechado co fin de realizar obras de mellora.

Acometeranse traballos de pintura en paredes e renovación de pisos debido ao seu deterioro, entre outras actuacións.

A reapertura farase o 3 de xuño, cando terá lugar o Venres de Albaroque, co fin de festexar as melloras realizadas no Centro. A festa, que se celebrará entre as 19:00 e as 20:00 horas, terá entrada gratuíta, e contará coa animación musical de Suso de Melide.

A partires dese día o Centro Social volverá a abrir as súas portas en horario habitual, de luns a venres, de 15:30 a 20:00 horas e os fins de semana de 19:00 a 23:00 horas.