O Centro Social de Silleda acolle o 29 de agosto unha festa de inauguración

O Centro Social dos Maiores de Silleda acolle o vindeiro venres día 29 de agosto unha festa de inauguración para amosar as novidades destas instalacións. A cita será de 18.00 a 21.00 horas, con animación musical en directo, a cargo de Suso de Melide e pinchos para os asistentes.

Para acudir hai que anotardse nas dependencias do centro social ou ben chamar ao 986 592037. O prezo é de 5 euros por persoa.

A xestión da cafetería do centro foi adxudicada a Ester Liñares, veciña da localidade. O centro tamén cambia de horario de apertura ao público. Así, a partir de agora, dende a Concelleria de Participación Cidadá, que dirixe Pili Peón, infórmase que o centro abrirá de martes a venres de 08.30 a 13.00 e de 15.30 a 20.30 horas. Na fin de semana estará aberto de 18.00 a 23.00 horas e permanecerá pechado os luns e as xornadas festivas que coincidan entre semana.