O Centro Social dos Maiores celebra o unha nova edición dos “Venres de Parranda” o vindeiro día 22

Silleda, 16 de xullo  de 2016. O Centro Social dos Maiores de Silleda acolle o vindeiro venres día 22 unha nova sesión dos  “Venres de Parranda”, con animación musical en directo a cargo de Suso de Melide e merenda con pinchos. A cita será de 19.00 a 22.00 horas e o prezo é de 3 euros por persoa. Todos aqueles que queiran participar deben de anotarse no propio Centro Social  ou chamando ao 986 592037.