O Centro Social dos Maiores de Silleda reabre o vindeiro venres cunha festa de fin de obra

Silleda, 30 de maio de 2016. Logo da realización das obras de acondicionamento no Centro Social dos Maiores, realizadas durante este mes de maio, o vindeiro venres día 3 terá lugar a reapertura do local cunha festa para celebrar as melloras feitas no mesmo, consistentes no pintado de paredes e a renovación dos pisos debido ao seu deterioro, entre outras actuacións.

A reapertura farase o 3 de xuño, cando terá lugar o Venres de Albaroque, co fin de festexar as melloras realizadas no Centro. A festa, que se celebrará entre as 19:00 e as 22:00 horas, terá entrada gratuíta, e contará coa animación musical de Suso de Melide.

A partires dese día o Centro Social volverá a abrir as súas portas en horario habitual, de luns a venres, de 15:30 a 20:00 horas e os fins de semana de 19:00 a 23:00 horas.