O CIM organiza unha viaxe a Bruxelas entre o 12 e o 15 de xuño

Silleda, 14 de abril de 2014. O Centro de Información á Muller (CIM) organiza unha nova excursión para mulleres. O destino serán nesta ocasión  dúas cidades belgas: Bruxelas e Bruxas. A viaxe desenvolverase entre os días 12 e 15 de xuño, e inclue ademais unha recepción no Parlamento Europeo o día 13 de xuño, ás 10.30 horas.

A saída realizarase dende o aeroporto de Porto, cara ao que se sairá en autobús dende Silleda. As mulleres interesadas poden anotarse ata o vindeiro martes día 22 de abril. O prezo é de 235 euros. As persoas que desexen recibir máis información poden dirixirse ao CIM (nas instalacións do Centro Social) ou ben chamar ao 986 592037.

Esta excursión, para coñecer outras culturas e lugares, súmase a outras organizadas nos últimos anos polo CIM silledense, que tiveron como destino cidades como Roma ou Sevilla.