O Club do Centro Social dos Maiores celebrará o vindeiro venres día 21 a Festa da Primavera

Silleda, 12 de xuño de 2019. O vindeiro venres día 21 celebrarase unha nova edición da Festa da Primavera, organizada polo Club do Centro Social dos Maiores e a Concellería de Igualdade e Benestar. A cita, ao mediodía, comezará ás 14.00 horas no resturante Coteliño, cun menú que estará composto por fideuá de marisco, carne asada, postre e café. A animación musical correrá a cargo do Dúo Punto Cero.

O prezo é de 14 euros para os veciños/as e as persoas socias do Club e de 15 euros para veciños de outros municipios e os non socios. As persoas interesadas en participar poden apuntarse no Centro Social dos Maiores de Silleda ou ben chamando ao teléfono 986 592037 .