O Clube do Centro Social dos Maiores programa unha excursión a Salamanca e Zamora os días 25 e 26 de outubro

Silleda, 7 de outubro de 2013. O Clube do Centro Social dos Maiores de Silleda vén de programar unha nova excursión. A viaxe será durante dous días, ás cidades de Salamanca e Zamora. A saída será o venres 25 ás 07.00 dende A Bandeira e ás 07.15 dende Silleda. A primeira parada será en Salamancha, estando prevista a chegada ao hotel sobre o mediodía, onde será o xantar, antes da visita á cidade. O sábado 26 a cita trasladarse a Zamora, onde os asistentes tamén visitarán esta localidade, regresando a Silleda pola tarde.

O prezo é de 93 euros, e inclúe viaxe, pensión completa en Salamanca e o xantar do segundo día en Zamora. As reservas para participar nesta excursión poden facerse chamando ao teléfono do Concello (986 580000), ao Centro Social de Silleda (986 592037) ou tamén no Centro Social dos Maiores da Bandeira. As prazas son limitadas.