O Concello acometerá obras en viais de seis parroquias con unha inversión total de 137.000 euros

Silleda, 14 de agosto de 2014.  O Concello de Silleda acometerá nas vindeiras semanas a mellora viaria en varios puntos do rural. A actuación, con unha inversión de 137.539 euros levarase a cabo nun total de seis parroquias : Ponte; Manduas (no lugar de Andamollo, na via que une Chapa con Manduas); en Xestoso (no lugar de Fontefría), en Siador e no lugar do Curro, na parroquia de Cira.

  Trátase de viais nos que se fai necesaria unha inmediata reparación, debido ao estado de deterioro que presentan, que afecta tamén á seguridade viaria nos distintos tramos. “A elevada densidade de tráfico e tamén fenómenos climatolóxicos adversos viñeron mermando o estados destas pistas, que precisan de unha actuación urxente”, engade o alcalde, Manuel Cuíña.

As obras executaranse con cargo aos fondos que lle corresponden ao municipio de Silleda dentro do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM 2014), da Deputación. Todos os tramos serán mellorados con triple rego asfáltico.

En Ponte actuarase sobre un tramo da pista no entorno do lugar de O Sino; e en Dornelas na pista que vai dende o vial a Cira ata a igrexa. No caso do vial de Andamollo, trátase da actuación nunha maior superficie, cun tramo de máis de 2.300 metros de lonxitude, que une as parroquias de Chapa e Manduas, atravesando varios núcleos de poboación.

En Xestoso mellorarase o vial que vai dende a estrada provincial ata Fontefría, e en Cira na pista do lugar de O Curro.

Así mesmo o plan contempla outra destacada mellora, coa dotación de triple rego no vial que rodea o santuario da Saleta. Actuarase sobre os 1.500 metros que bordean este entorno dende a PO-201.

Con esta actuación veránse beneficiados numerosos veciños e usuarios que circulan a diario por estas vías de titularidade municipal.