O Concello acondiciona as fincas de Ponte, agora municipais logo do acordo coa Semana Verde

Silleda, 29 de xaneiro de 2015. O Concello de Silleda está a realizar as tarefas de desbroce e adecentamento das parcelas situadas en Rosende (na parroquia de Ponte) que pasaron a ser patrimonio municipal en virtude do acordo coa Fundación Semana Verde para zanxar as débedas mutuas.

Trátase de dúas parcelas que suman algo máis de 29.000 metros cadrados. Nunha delas atopabase unha antiga nave de almacén da fundación e outras instalacións coma uns invernadoiros.

Con estas tarefas dende o Concello iniciase o proceso para adecentar estes terreos .

Os traballos veñense prolongando durante varios días dado o elevado nivel de maleza que se atopaba nas parcelas.